domingo, 3 de agosto de 2014

Gran Festa de Colantres

Será o vindeiro venres 8 de agosto. Desenvolverase na pista deportiva e no parque infantil de Queirís, tendo como epicentro o Local Social. Comezará ás 5 da tarde coa Festa Infantil, xa a noitiña haberá churrasco e de plato forte a actuación do Grupo de Gaitas e Pandereteiras da ACR Colantres. A continuación haberá música a demanda das persoas asistentes, tanto en duración como en estilos musicais.

A proposta que desenvolvemos as veciñas e veciños de Armea, Colantres e Queirís a través da ACR Colantres, ten o sabor da autenticidade das verbenas populares.

A festa de Colantres xurde como un espazo para a convivencia e a diversión común, e seguimos fieis ao tipo de festa que consideramos máis adecuado, cun programa sinxelo e protagonizado polas veciñas e veciños destacando as nosas pandereteiras e os nosos gaiteiros, nunha proposta cultural que ten como piar fundamental a participación dos homes e mulleres, nenas e nenos, mozos e vellos de Armea, Colantres e Queirís. Así como  toda persoa que queira compartir con nós a nosa festa,  especialmente os nosos veciños de Coirós e Betanzos.

QUEN DIXO PENAS....
VEÑA FESTA¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡


Ningún comentario:

Publicar un comentario