domingo, 3 de agosto de 2014

Gran Festa de Colantres

Será o vindeiro venres 8 de agosto. Desenvolverase na pista deportiva e no parque infantil de Queirís, tendo como epicentro o Local Social. Comezará ás 5 da tarde coa Festa Infantil, xa a noitiña haberá churrasco e de plato forte a actuación do Grupo de Gaitas e Pandereteiras da ACR Colantres. A continuación haberá música a demanda das persoas asistentes, tanto en duración como en estilos musicais.

A proposta que desenvolvemos as veciñas e veciños de Armea, Colantres e Queirís a través da ACR Colantres, ten o sabor da autenticidade das verbenas populares.

A festa de Colantres xurde como un espazo para a convivencia e a diversión común, e seguimos fieis ao tipo de festa que consideramos máis adecuado, cun programa sinxelo e protagonizado polas veciñas e veciños destacando as nosas pandereteiras e os nosos gaiteiros, nunha proposta cultural que ten como piar fundamental a participación dos homes e mulleres, nenas e nenos, mozos e vellos de Armea, Colantres e Queirís. Así como  toda persoa que queira compartir con nós a nosa festa,  especialmente os nosos veciños de Coirós e Betanzos.

QUEN DIXO PENAS....
VEÑA FESTA¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡


martes, 22 de xullo de 2014

Inicia a súa andadura o noso blogue

Logotipo oficial da Asociación Cultural e Recreativa Colantres fundada o 22 de decembro de 1985 en Queirís, sendo as persoas integrantes da primeira xunta directiva as seguintes:
Presidente: Julio Novo Marcote.
Vicepresidente: Jose Antonio Cernadas López.
Secretaria: Aurora Faraldo Doldán.
Tesoureiro: Luís Manuel Basteiro Vía.
Vogal 1º: Joaquín Valeiro Barrós.
Vogal 2º: Eduardo Crespo Noche.
Vogal 3º: José Angel Casal Manso.
Vogal 4º: Melchor Novo Marcote
Transcripción literal do Libro de Actas da Asociación:
Por medio da presente, expresan a súa vontade de fundar unha asociación de carácter cultural sometida ao réxime xurídico da vixente "Ley de asociaciones de 24 de diciembre de 1964", que se chamará ASOCIACIÓN CULTURAL E RECREATIVA COLANTRES, e que estará regulada polos estatutos da mesma que leídos neste acto como xunta e firmados polos comparecentes son aprobados.